Humanidades Dixitais: Olladas cara á Idade Media

Temos o pracer de presentar o Congreso Internacional da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media que se celebrará do 9 ao 11 de Outubro de 2017, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O evento ten como propósito crear un espazo propicio para a exposición, reflexión, diálogo e debate entre investigadores especializados ou interesados no medievalismo e as HD.

Terán acollida todas aquelas propostas de carácter transversal e multidisciplinar, que combinen unha ou varias áreas da medievalística (Filoloxía, Arte, Historia, Filosofía, Música…) coas HD.
Entre as posibles liñas temáticas, acolleranse comunicacións sobre:
– Métodos e ferramentas ao servizo dos Estudos Medievais
– As HD e a interdisciplinariedade no eido dos Estudos Medievais
– Patrimonio europeo medieval dixital. Novas formas e novos camiños
– Presentación de corpora, repertorios e bases de datos (Idade Media)
– Edicións dixitais de obras medievais
– Hai futuro para as Humanidades fóra das HD? Reflexións sobre o presente e o futuro dos Estudos Medievais.

Toda a información sobre actualizada poderá consultarse na web oficial http://www.usc.es/estmedin/hd/ , e calquera consulta poderá dirixirse ao enderezo electrónico medievodixital@gmail.com

Con este chamamento queremos convidarvos a participar enviando as vosas propostas de comunicación antes do día 31 de maio a través do formulario que figura na citada páxina.