Convocatoria “Técnico/a superior de apoio á investigación” – Catalogación

Convocatoria Pública 14/2017 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado

O obxecto da presente convocatoria é contratar persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran nos anexos I e II da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará especificamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado.

Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela
Publicado en: Outros
Prazo: 14/08/2017
Ligazón de interese: Abrir páxina – PÁXINA 7

CARACTERÍSTICAS DO/S CONTRATOS
  • Número de prazas: Dúas
  • Traballo a realizar: Catalogación da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC,. Procederase a realizar tarefas de investigación sobre a colección CGAC e redacción de fichas
  • Retribución bruta mensual: 1477.13€
  • Duración do contrato: 25 días
  • Data de inicio prevista: A partir do día seguinte á data da resolucion reitoral de selección
  • Xornada laboral: Tempo parcial
  • Categoría laboral: Técnico/a superior de apoio á investigación
REQUISITOS E MERITOS DOS CANDIDATOS
  • TITULACIÓN REQUIRIDA: Licenciado/a – Grao en Historia da arte