Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media

O Congreso Internacional da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media celebrarase do 9 ao 11 de Outubro de 2017, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O evento ten como propósito crear un espazo propicio para a exposición, reflexión, diálogo e debate entre investigadores especializados ou interesados no medievalismo e as HD.

Entre os especialistas xa confirmados atópanse: Mariana Curado Malta (LINHD-UNED), José Manuel Lucía Megías (UCM), Mª Nieves Sánchez González de Herrero (USAL), Leyre Martín Aizpuru (USAL), Ana Requejo Alonso (Eurecat), Albert Sierra Reguera (Agència Catalana del Patrimoni Cultural), Mihailo Popovic  (OEAW-IMAFO).

Ademais das varias conferencias plenarias e comunicacións, está prevista unha mesa redonda e un espazo adicional para a presentación de proxectos dixitais.

Programa: http://www.usc.es/estmedin/wp-content/uploads/2017/04/PROGRAMA-CONGRESO-HD.pdf

Inscricións

Os oíntes deberán cubrir o formulario de inscrición e realizar o pagamento na mesma conta ATA O 15 DE SETEMBRO. Ver web