Unha historia social das linguas románicas

A profesora da Université Paul-Valéry, Montpellier 3 Carmen Alén Garabato presentará o martes 23 de abril «Unha historia social das linguas románicas», un recurso dixital para o ensino da sociolingüísitica románica. O acto terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía ás 12h.