Estado, poder e estructuras políticas na Gallaecia. S. II a.C. – VIII d.C.

Apresentaçom do livro «Estado, poder e estructuras políticas na Gallaecia. S. II a.C. – VIII d.C.» de Martín Fernández Calo.

Quinta-feira, 13 de junho de 2019. 20:00 na Gentalha do Pichel (r/ Santa Clara 21, Santiago de Compostela).

Un magnífico ensaio con vocación globalizadora… O coñecemento bibliográfico, o emprego das fontes e a finura da análise deron como froito unha obra dunha madurez infrecuente e insospeitada nun autor que, sen dúbida, está a principiar un brillante percorrido científico.
Francisco Calo Lourido, Padroado do Museo do Pobo Galego

Este é un libro importante… que propón novidosas interpretacións que avanzan o noso coñecemento da Gallaecia tardo-antiga. Recoméndoo con entusiasmo a todos os interesados nesta época.
Alberto Ferreiro, Seattle Pacific University

A percepción dos procesos históricos precisa de perspectivas diacrónicas amplas; a historia da Gallaecia antiga estivo marcada nas últimas décadas por unha excesiva compartimentación. Esta tendencia… provocou ocasionalmente unha perda de perspectiva arredor da unicidade intrínseca das estruturas sociais e políticas da Gallaecia… O traballo que Martín Fernández Calo propón recupera unha idea de unidade estrutural imprescindíbel para valorar as transformacións… e entender a conformación da sociedade galega alto-medieval.
Pablo C. Díaz, Universidad de Salamanca


Thursday 13 June 2019 - Thursday 13 June 2019