Presentación de Alfonso X y otras escrituras del trovar, de Juan Paredes

A Área de Filoloxía Románica da USC ven de publicar o libro Alfonso X y otras escrituras del trovar, do catedrático da Universidad de Granada Juan Paredes, con motivo da súa xubilación. A presentación do volume terá lugar o mércores 17 de xullo, ás 12 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.

María Mercedes Brea López (ed.), Alfonso X y otras escrituras del trovar

O volume recolle trinta achegas sobre os máis variados temas e matices polos que transitou a actividade investigadora de Juan Paredes, catedrático de Filoloxía Románica na Universidad de Granada. Desde a edición de textos e o estudo codicolóxico a aspectos históricos, lingüísticos e de xénero literario, en especial o satírico, incluíndo a intertextualidade, os elementos narrativos na poesía e a presenza de composicións en linguas diferentes, estas páxinas achegan unha visión nova que permite comprender mellor a obra de Alfonso X o Sabio no seu contexto e, con ela, a produción trovadoresca.