ArGaMed

ArGaMed. Arquivo Galicia Medieval (ISSN 2695-3951) é unha serie de publicacións do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (www.cirp.gal), que complementa
os proxectos do Arquivo Galicia Medieval: Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa Maria, Prosa literaria galega medieval, e mesmo BiRMED, levados a cabo nese mesmo centro de investigación.

Publica dous números por ano, que poden conter estudos ou edicións en relación cos proxectos mencionados. Tamén teñen cabida na serie tanto monografías (de autoría individual ou colectiva) como misceláneas de traballos dun mesmo autor ou de autores diferentes.

Todos os orixinais son sometidos a un riguroso proceso de avaliación por pares que decide a súa aceptación (eventualmente, condicionada ás modificacións que poidan ser suxeridas polos avaliadores) ou non.

Para acceder á serie, faga clic aquí.

O primeiro número da serie, que vén de ser publicado, é O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición Paleográfica, de Elvira Fidalgo Francisco e Antonio Fernández Guiadanes. Para acceder deste primeiro número, descargable en PDF, faga clic aquí.