Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED)

A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que recopila a bibliografía publicada para os tres grandes campos que constitúe o obxecto de estudo dos proxectos que integran o Arquivo Galicia Medieval, Lírica Porfana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa María e Prosa Literaria Medieval. O seu obxectivo é servir como ferramenta de traballo aos estudos destes ámbitos, facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas.

BiRMED está constituída por unha interface de buscas que permite recuperar datos a partir de múltiples estratexias. Esta organización permite acceder a unha consulta máis detallada da referencia nunha ficha bibliográfica que inclúe os datos de publicación da mesma e unha serie de palabras clave que pretenden orientar acerca do contido.

Esta base de datos é unha evolución da Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa, BiRMED versión 1.0, publicada en agosto de 2006 (ISSN 1988-0936).