Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB)

Esta base de datos pon a disposición dos especialistas e do público interesado o corpus completo das cantigas dos trobadores galego-portugueses. MedDB ofrece agora unha nova versión, que, en outras novidades, inclúe as trascricións das Notas coloccianas e das Rúbricas explicativas presentes nos testemuños manuscritos. Ademais, ampliouse o espectro de campos de busca e actualizáronse tanto as edicións críticas dunha gran parte do corpus coma a información para as cantigas e trobadores en función dos avances progresivos da produción científica.

Na opción Buscas simples, pódense ver directamente -sen necesidade de introducir nome de usuario nin contrasinal- os textos das cantigas e as informacións biográficas dispoñibles para os autores.

Na opción Buscas avanzadas, o usuario poderá realizar pescudas concretas e complexas para obter información detallada tanto das composicións coma dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.

Os textos de cantigas e notas se ven mellor utilizando a fonte Junicode. Pódese descargar libremente aquí.

Para facilitar as consultas, convén ter en conta a información facilitada nas caixas de axuda, que se despregan premendo nas ligazóns habilitadas na cabeceira e sobre os nomes de cada campo de busca.