![]()
La cita será el miércoles 11 de octubre en la Facultad de Filología de la Universidad de Santiago de Compostela; no obstante, recomendamos que consultéis el programa completo, ya que encontraréis otras sesiones de gran interés. ¡Nos vemos! // Durante o Congreso Internacional Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media teremos a oportunidade de falar sobre Medievalitis, informar sobre o estado actual do proxecto, explicar como funciona a web e debater algúns aspectos da mesma convosco. Achamos este evento como unha boa oportunidade para darmos a coñecer e recibir novos consellos ou opinións. Por isto, quixeramos invitarvos a asistir ao congreso e, asemade, facer público o noso agradecemento á organización do evento. A cita será o 11 de outubro, cuarta feira, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Malia todo, recomendámosvos consultar o programa completo, xa que atoparedes outras sesións do voso interese. ¡Vémonos! |