Medievalitis xa está en galego

Imagen Medievalitis xa está en galego

Como xa dixeramos, a web iría ampliando as súas lingas ao longo do 2019, e velaquí o primeiro idioma!

De agora en diante, podedes visitar Medievalitis en galego a través da ligazón www.medievalitis.com/gl. Do mesmo xeito, quen prefira seguir lendo a web en castelán, deberá facelo mediante a URL www.medievalitis.com/es. En caso de que prefirades seguir empregando o dominio principal, sen /gl, /es ou futuras abreviaturas, seredes [email protected] automaticamente segundo a configuración do voso computador ou navegador. Tamén podedes escoller a lingua dende o menú inferior.

Seguindo o explicado en entradas previas, a tradución non abrangue os contidos blog, soamente a interface ou os elementos fixos. É posíbel que atopedes erros ou grallas no texto. Por favor, enviádenolas a Erros.

O galego empregado segue a normativa oficial ou RAG e as persoas que axudaron á redacción ou tradución dos textos son: Belén Álvarez Pérez, Manuel Magán Abollo, Marta Piñeiro Rodríguez e Raquel Castro Barja. No futuro seguiremos incluíndo novos contidos en galego, polo que se queredes axudar só tendes que escribirnos.

A tradución a seguir será a do português, lingua irmá!

Na imaxe tendes un “mapa” de 1234 do mosteiro de Ebstorfer no que, entre outros nomes de territorios, podedes ler “Gallicia Regio”.