Manuel Magán Abollo

Manuel Magán Abollo (Teis, Galiza; 1992) graduouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no 2014, gozando dunha bolsa de colaboración durante o último curso. Posteriormente, na mesma universidade, estudou os mestrados Estudos Medievais: Imaxes, Textos e Contextos e Profesorado de Secundaria, na especialidade de Ciencias Sociais e Humanas. Tamén, pola Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), realizou o curso en Humanidades Dixitais no 2016. Este mesmo ano recibiu unha bolsa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) e comezou os seus estudos de doutoramento no programa de Historia da Arte da Universidad Complutense de Madrid (UCM). Continúaos actualmente na USC baixo o programa de Estudos Medievais e a dirección de Elvira Fidalgo Francisco (USC) e María Victoria Chico Picaza (UCM).

A súa colaboración na docencia superior comezou no 2016, no Museo del Prado, a través da Universidad Complutense de Madrid. Esta continuou no curso 2017-2018 en diversas materias dos graos en Historia da Arte e Historia da Música da devandita universidade. No curso 2018-2019 pasaría a ensinar Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval, do Grao en Historia da Arte da USC. Este mesmo ano realizaría estadías docentes na National University of Ireland (Cork) e na Helsingin yliopisto (Universidad de Helsinki), ás que cumpriría sumar a realizada en 2017 no Warburg Institute, London.

Manuel ten publicados diferentes artigos e colaborado en múltiples congresos, tratando principalmente o tema da súa tese de doutoramento: o espazo nas Cantigas de Santa María. Con todo, por mor do seu interese polas Humanidades Dixitais, a Historia da Arte e os Estudos fílmicos, tamén ten realizado comunicacións e publicacións en torno a estes eidos. Outro froito da súa afección pola informática e as ganas por desenvolver ferramentas ao servizo da investigación é a creación do portal Medievalitis.

[email protected]

Curriculum
Vitae

GI-1350 Románicas (USC)

ORCID

Humanities
Commons

¿Te gusta Medievalitis? Ayúdanos con una pequeña donación. Do you like Medievalitis? Help us with a small donation.

Donar | GoFundMe

Estamos traduciendo Medievalitis

Necesitamos personas nativas, o con un alto conocimiento, de euskera y castellano. ¿Nos ayudas?

Más información